Finca Experimental
A Finca Experimental Galicia Sustentable nace co propósito de servir como centro de referencia para a transcición do medio rural cara á sustentabilidade.
Para iso traballa desde diversas frontes (divulgación, investigación e impacto social) para introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia cunha orientación cara a prosperidad social e a eficiencia ambiental.
Para sumar esforzos, vontades e recursos, traballamos nas seguintes causas que consideramos fundamentais para unha sociedade sustentable.
Precisamos garantir alimentos saudables e protexer o medio de vida das xentes do campo ao tempo que protexemos o entorno.
Estamos enfocados na promoción de prácticas agrícolas sustentables que promovan a saúde do solo, a biodiversidade e a resiliencia dos ecosistemas agrícolas.
O noso obxectivo é fomentar a adopción xeneralizada de prácticas agrícolas rexenerativas, promovendo así a seguridade alimentaria, a resiliencia climática e a conservación dos recursos naturais.
O clima é una a emerxencia global e afrontala supón unha oportunidade para un cambio cara unha sociedade máis xusta, saudable e sustentable.
A descarbonización é dunha tarefa crucial na acción fronte ao cambio climático. O noso enfoque céntrase en desenvolver e implementar estratexias innovadoras para reducir as emisións de carbono en diferentes sectores.
A tecnoloxía debe ser accesible a todas as persoas. Debe ser un acceso que a poña ao seu servizo a través de utilidades e aplicativos que xorden de necesidades reais da poboación.
Utilizamos tecnoloxías avanzadas para mellorar a eficiencia, a produtividade e a sustentabilidade das actividades agrícolas e gandeiras coobxectivo é a prosperidade nas zonas rurais. Impulsamos a innovación, e o emprendemento e a inclusión dixital para construír comunidades máis prósperas e conectadas.
Buscamos activar un liderado que se traslada aos colectivos e que interiorize de modo consciente a relación directa entre as nosas accións e as consecuencias no entorno. A través de decisións persoais e colectivas podemos conseguir a transformación social que procuramos. Traballamos para aportar ferramentas de información rigorosas e accesibles como medio para conseguir a implicación nun proxecto de futuro compartido.
O noso obxectivo é conseguir que as comunidades sexan protagonistas do seu propio desenvolvemento, valorando e preservando o seupatrimonio natural e cultural, e xerando un impacto positivo a longo prazo na prosperidade e o benestar de todos os seus habitantes.
Neste senso, consideramos que paisaxe é o resultado sobre o territorio do noso estilo de vida. Unha paisaxe con valores demostra unharesponsabilidade activa a nosa relación como sociedade co medio que nos acolle.
Buscamos preservar e recuperar a saúde dos ecosistemas desde unha perspectiva funcional promovendo a resiliencia ambiental e facendounha contribución á protección, aproveitamento e goce sustentable dos recursos naturais.
A Finca Experimental Galicia Sustentable nace co propósito de servir como centro de referencia para a transcición do medio rural cara á sustentabilidade.
Como parte do peche das actividades do Festival no Parque Paseo das Pontes da Coruña organizamos unhas xornadas de actividades para toda a familia que nos achegan á importancia do medio rural e a sustentabilidade.
Evento de divulgación no que as charlas e intervencións non tratan de dar respostas simples senon que buscamos confrontar as nosas propias opinións, queremos o outro punto de vista.
Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.
Un foro no que se dan a coñecer iniciativas e experiencias do rural galego que teñen demostrado aportar un valor engadido e diferencial e que poden servir como exemplo e inspiración para o conxunto da sociedade.
Asistencia Técnica a oficina na ONU-Habitat en Barcelona para o Programa de Perfiles de Cidades Resilientes. Consistiu na recopilación e adecuación de datos e no análisis espacial para o cálculo de indicadores de resiliencia e a súa posterior incorporación á plataforma de Resiliencia.
Podemos axudarte a introducir criterios de sustentabilidade no teu proxecto ou organización