Sobre Agaces

::. Benvidos o Weblog da Asociación Galega de Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica.

A Asociación Galega de Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica -AGACeS- naceu en maio do 2005, en vísperas do XXII Congreso Mundial de Cartografía que se celebrou na Coruña.

Os fins principais de AGACeS son:

  • 1. Fomentar o uso e difundir o coñecemento da Cartografía e dos Sistemas de Información Xeográfica.
  • 2. Favorecer, fomentar e alentar o libre uso e circulación da Cartografía e da Información Xeográfica.
  • 3. Investigar e Informar sobre o uso de software libre e estándares de interoperabilidade.
  • 4. Velar por unha producción cartográfica de calidade no contexto actual e futuro dos Sistemas de Información Xeográfica.
  • 5. Acercar a Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica ós colectivos discapacitados.
  • 6. Obter unha maior difusión da Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica na enseñanza media.
  • 7. Difundir as ventaxas dos Sistemas de Información Xeográfica nos diversos ámbitos da sociedade.
  • 8. Involucrar ós distintos estamentos da Sociedade Galega na creación do Instituto Cartográfico de Galicia como organismo que diseñe, controle e aglutine as iniciativas necesarias no ámbito da Cartografía, dos Sistemas de Información Geográfica e da Información Xeográfica.

Os seus ESTATUTOS están visados pola Consellería de Xusticia, Interior e Administración Local co 8649, sección 1ª do Rexistro Central da Comunidade Autónoma de Galicia.