O vindeiro día 20 de Setembro está prevista unha reunión de varios representantes de AGACeS co Director Xeral de Urbanismo para explicarlle os pormenores da Organización das JIDEE do 2007, ademais de evaluar as posibilidades de colaboración para o mellor desarrollo das xornadas.
Publicado en agaces.wordpress.com o 14/09/2006
A Asociación Galega de Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica presentou o pasado mes de Marzo a candidatura para a organización das IV Xornadas Técnicas de Infraestructuras de Datos Espaciais de España.
Esta candidatura foi aprobada por unanimidade na reunión do GTIDEE celebrada en Pamplona o día 24 de Marzo de 2005.
Publicado en agaces.wordpress.com o 11/07/2006
Están dispoñibles na rede as presentacións do 12 EC&GIS Workshop celebrado no mes de xuño en Innsbruck. Nelas podemos informarnos sobre os proxectos que se están llevando a cabo no campo das Infraestructuras de Datos Espaciais.
Publicado en agaces.wordpress.com o 23/08/2006
Podía ser simplemente porque “bloggear” está de moda; pero non. O Weblog de AGACeS pretende convertirse na canle de comunicación do colectivo adicado a Cartografía, S.I.G. e Tecnoloxías da Información Xeográfica en xeral.
A súa vez, ésta plataforma “blog” ven a paliar as carencias desta “nosa” recien nacida
Esperemos, polo menos de momento, lograr con este Weblog un intercambio de información e de coñecemento para que esta iniciativa medre, se consolide e sobre todo, sexa útil.
Publicado en agaces.wordpress.com o 11/07/2006


