Galicia Sustentable

My Twitter Feed

FGSustentable: Elegir un mueble, http://t.co/NpC7RlkQ

Artigos

Eduación ambiental en Galicia: Crise, que crise?

Eduación ambiental en Galicia: Crise, que crise?

Que 200 traballadores da industria pirotécnica galega quedaran no paro temporalmente como consecuencia da normativa estacional de prevención de incendios forestais pareceu, e seguramente o foi, unha traxedia social, económica e politicamente inaceptable. Mereceu, sen dúbida, a atención dos medios de comunicación e a solidariedade colectiva de quen asocia a celebración festiva comunitaria cos estoupidos de rigor. Hai dramas similares pero de maior escala que, sen embargo, están a pasar desapercibidos, resultando totalmente invisibles para os medios de comunicación e a sociedade. Facendo unha estimación sobre os datos de emprego referidos a 2007 derivados do Proxecto Fénix1, xusto nos prolegómenos da crise actual, a perda de postos de traballo no sector da Educación Ambiental (EA) en Galicia durante os últimos catro anos pode estimarse nun 50%, unhas 500 persoas. A perda destes postos de traballo, por moi precarios e socialmente invisibles que[...]

O potencial das Smart Cities

O potencial das Smart Cities

O desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación nos últimos anos proporciona numerosas oportunidades para mellorar a xestión das nosas vilas e cidades. Un bo exemplo son os proxectos de Smart Cities dos que se fala moito máis do que aínda tivemos tempo a pensar. Nesta primeira fase de euforia pola información, tentamos encher as cidades de sensores que ofrecen unhas ventaxas directas moi evidentes no curto prazo. A instalación de sensores de rego en función da humidade do chan ou a iluminación por detección de usuarios das rúas permite un aforro inmediato en consumos e unha mellora na eficiencia de utilización de recursos. Porén este camiño de desenvolvemento da idea das Smart Cities está chamado ao fracaso se non empezamos a pensar nas formas de aproveitamento da información das que poderemos dispor para transformar a información de todos eses sentores[...]

Unha visión da FGSustentable

Unha visión da FGSustentable

O desenvolvemento da capacidade humana para a transformación do medio ten modificado e continúa a alterar as normas de funcionamento do ecosistema Terra, ate o punto que os cambios que se están a producir poñen en entredito a propia capacidade de supervivencia da sociedade tal e como a coñecemos na actualidade. Para afrontar esta realidade son precisos importantes cambios na forma de afrontar case que todos os aspectos da vida cotiá. Dende o consumo de enerxía, á forma en que nos desprazamos, as alternativas de ocio, os alimentos que consumimos,… Todos eles cambios grandes e profundos. Na Galicia, somos afortunados por contar cun medio de grande calidade e un grande potencial para o aproveitamento dos recursos endóxenos, especialemente no que se refire á auga, á produción de alimentos ou á enerxética. Estes potenciais poñen de manifesto as grandes posibilidades para avanzar na[...]

Todos os artigos