Illas Atlánticas: o único Parque Nacional galego, abandoado á súa sorte
Recordan os ecoloxistas que o Padroado non se reuniu desde xullo de 2005, malia o requirimento de que estas xuntanzas teñan lugar cando menos dúas veces ao ano, e cualifícano de chave para “garantir unha correcta xestión do espazo e a interlocución dos sectores sociais coa administración do Parque”.
Read MoreRecomendacións de ADEGA para o futuro goberno
Os ecoloxistas reciben o cambio de Goberno cun feixe de propostas concretas nas que convidan a Xunta a comprometerse. Unha ampla lista onde destaca a chamada á conformación da Rede Natura “que Galiza merece”, unha ampliación urxente de espazos protexidos que o goberno saínte xa prometera en 2005 e que socialistas e nacionalistas mantiñan na lista de promesas para a vindeira lexislatura.
Read MoreA enerxía nuclear cara a cara
Fronte aos intentos por reabrir o "debate nuclear" na península, tentando apresentar esta enerxía con novas e enganosas roupas, ADEGA quere poñer fronte á opinión pública as verdades que agocha o lobby atómico nas súas campañas. A enerxía nuclear constitúe un perigo que debemos rexeitar non só no noso país, mais tamén como opción enerxética [...]
Read MorePortas pechadas para a Educación Ambiental no Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño
A recente desaparición da Unidade de Educación Ambiental do agora MIMARM (Ministerio de Medio Ambiente e Rural e Mariño) alén de ser un grave erro político e a última evidencia dun proceso solapado para pechar vías aos instrumentos sociais, á participación pública e, en definitiva, ao aprofundamento democrático na resolución da crise ambiental. ADEGA, xunta [...]
Read MorePlataforma pola Defensa da Ribeira Sacra
ADEGA inicia conversas para constituir unha Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra 14 de Outubro de 2008. ADEGA está realizando conversas con entidades e asociaciacións da Ribeira Sacra para constituir unha Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra co obxectivo de paralizar os proxectos de novas centrais hidroeléctricas na zona, unha reducción do impacto ambiental da [...]
Read More

