Fundada en 2008 e declarada de interese galego e ambiental pola Xunta
de Galicia, son máis de 10 anos traballando para poñer en valor os
recursos propios de Galicia e introducir criterios de sustentabilidade no
seu desenvolvemento de maneira que contribúan a xerar unha sociedade sustentable.
Entendemos que a mellor maneira de conseguir o noso propósito é como
instrumento intermedio cuxa misión é sumar vontades e recursos para
multiplicar a capacidade de transformación social.