Por que facemos o Foro Rural Sustentable

O Foro Rural Sustentable celébrase en Galicia porque Galicia é rural. Non como metáfora, senón como realidade estrutural: máis do 80% do territorio é rural, a dispersión da poboación é unha das máis altas de Europa, e a conexión entre xente, terra e identidade segue viva, malia décadas de desagrarreo e abandono institucional. Pero non…

Cando a sociedade civil actúa, que papel xogan as administracións?

Durante décadas, o debate sobre quen debe liderar o cambio estivo polarizado: ou ben o poder público, cunha visión planificadora e normativa, ou ben o mercado, coa súa capacidade de mobilización de recursos e innovación. Pero esta visión bipartita agocha unha terceira forza fundamental: a sociedade civil organizada. Fundaciós, cooperativas, asociacións veciñais, redes informais e…

Todo está conectado

Un dos erros máis comúns ao abordar os retos ambientais, sociais e económicos do noso tempo é tratar cada un por separado, como compartimentos estancos. Esta visión fragmentada, herdada dun pensamento moi presente no modelo industrial e académico dos últimos dous séculos, leva a respostas parciais que non resolven as causas profundas dos problemas. Sen…

Nova edición do Foro Rural Sustentable

O Foro Rural Sustentable volve reunir aos axentes reais do cambio do medio rural, os días 25, 26 e 27 de abril Vos Casares, unha antiga granxa de vacas entre carballos, recuperada para o encontro de ideas na aldea de San Cristovo de Mouricios, Chantada. Tres xornadas de traballo que buscan propostas para a transformación…