Porque a sustentabilidade tamén se constrúe coas túas mans.
Voluntariado GS
O noso programa de voluntariado é un espazo aberto de aprendizaxe, acción e comunidade. Non buscamos heroes, buscamos xente coma ti: con ganas de facer cousas que importan, de compartir tempo e experiencias, e de poñer o seu gran de area por unha Galicia máis sustentable.
Súmate ao cambio
Na Fundación Galicia Sustentable cremos que o futuro constrúese con mans e corazóns comprometidos. Por iso, abrimos as portas a todas as persoas que queiran formar parte dunha rede viva de transformación sustentable da que ti tamén podes facer parte!
Fai parte da transformación.
Escríbenos a voluntariado@galiciasustentable.org, Será un pracer ter novas de ti.
Tipos de voluntariado
Aquí tes unha mostra do que facemos. Seguro que hai un espazo no que podes aportar:

FINCA EXPERIMENTAL
Axúdanos nas tarefas na finca experimental da Fundación: horta ecolóxica, plantacións, recollida de sementes, coidado do solo, etc.

RESTAURACIÓN ECOLÓXICA
Participa en accións de restauración ecolóxica: eliminación de especies invasoras, rexeneración de ribeiras, plantación de especies autóctonas ou seguimento da biodiversidade.

APOIO EN EVENTOS E OBRADOIROS
Colabora na organización dos nosos eventos propios como o Foro Rural Sustentable, o QGalicia ou actividades divulgación, feiras locais ou xornadas formativas.

COMUNICACIÓN CREATIVA
Se che vai o deseño, a escrita, a fotografía ou as redes sociais, temos espazo para ti na nosa comunicación dixital.
Onde e cando?
Actuamos en distintos puntos de Galicia, con especial presenza en zonas rurais. Hai accións que se poden facer dende a casa (voluntariado online) e outras que son presenciais. Organizamos xornadas puntuais e tamén hai programas de voluntariado regular ou estacional (primavera, verán, outono).
Que che ofrecemos?
Formación básica e acompañamento.
Seguro de voluntariado.
Certificado de participación.
Experiencia práctica en proxectos reais.
A oportunidade de conectar con outras persoas que comparten valores.
E sobre todo: a satisfacción de contribuír a un cambio necesario.
Queres unirte?
Escríbenos a voluntariado@galiciasustentable.org, Será un pracer ter as túas novas.



