OBSERVATORIO | FINCA EXPERIMENTAL
OBSERVATORIO | FINCA EXPERIMENTAL
TEMAS
A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, que traballa desde o ano 2008 co propósito de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.
O noso traballo
Centrámonos en tres pilares fundamentais que definen a nosa misión e guían todas as nosas iñas de acción e proxectos. O noso compromiso cun futuro próspero e sustentable materialízase a través do noso traballo polas seguintes causas:
Sustentabilidade alimentaria
Traballamos para promover prácticas agrícolas sustentables, apoiamos a produción local, e fomentamos a educación sobre nutrición consciente.
Prosperidade endóxena
Apostamos pola potenciación das comunidades locais, impulsando unha prosperidade que aproveita os recursos e talentos endóxenos.
Inspiración para o cambio
Convencidos de que o activismo colectivo é fundamental para as transformacións necesarias, adicámonos a inspirar e mobilizar a sociedade.
Actividades en marcha
Foro Rural Sustentable
Primeira edición do Foro Rural Sustentable no Espazo Vilaseco (Chantada) o vindeiro 21 de Xullo. En evento para transformar as nosas ideas en propostas para un rural sustentable.
Finca Experimental
Xa tes dispoñibles os artigos resumo dos traballos de agricultura rexenerativa levados a cabo na nosa finca experimental coa Cátedra Hijos de Rivera-UdC de Desarrollo Sostenible.
Artigos e colaboracións
Participa
Podes facer moito máis que sentarte e mirar
Contamos con diversos programas nos que podes comezar a facer unha contribución á sustentabilidade en función do teu perfil e das túas posibilidades de implicación. Dunha parte, somos a plataforma ideal para implicar á tua empresa ou organización como axente activo na transformación cara unha Galicia sustentable. Mais tamén ofrecemos oportunidades de contribución á sustentabilidade para persoas de modo individual.
Consúltanos
Proxectos
Cómo traballamos?
01
Imaginamos
Desde unha aproximiación exceptica afrontamos os retos para na procura de novas solucións.
02
Pensamos
Tomamos tempo para pensar o camiño que mello nos pode levar á esa proposta que temos imaxinado.
03
Creamos
Executamos as ideas ou construímos as solucións seguindo a folla de ruta da que nos dotamos.
04
Compartimos
O impacto das nosas accións ten unha relación directa co que estas se coñecen. Compartimos os nosos resultados e contamos os procesos para que se poidan copiar e seguramente mellorar.
Atopamos solucións
Fora de calquera dogma ou liña de pensamento estblecida, a través da información e de compartir coñecementos e ideas, as xentes que traballamos e colaboramos coa Fundación Galicia Sustentable pretendemos favorecer que cada quen poida crear os seus propios criterios para a toma de decisións sustentables.
A Fundación Galicia Sustentable é a plataforma ideal para implicar á tua empresa ou organización como axente activo na transformación cara a sociedade da sustentabilidade.
Fundación Galicia Sustentable
A Fundación Galicia Sustentable é a plataforma ideal para implicar á tua empresa ou organización como axente activo na transformación cara a sociedade da sustentabilidade. Podes optar por facerte partner corporativo ou sponsorizar ou colaborar nunha determinada área de traballo ou un proxecto ou actividade concreta.








