A Finca Experimental Galicia Sustentable nace co propósito de servir como centro de referencia para a transcición do medio rural cara á sustentabilidade.
A Finca Experimental Galicia Sustentable pretende configurarse como un espazo multifuncional de experimentación, investigación e desenvolvemento de accións cunha marcada compoñente de tracción para proxectos que contribúan á dinamización dun medio rural que crea valor en base aos seus recursos endóxenos.
Ademáis, para acadar estes obxectivos establecemos un marco de traballo para a transformación do rural nun medio sustentable en termos de eficiencia ambiental, cohesión social e prosperidade económica.



