O Foro Rural Sustentable volve reunir aos axentes reais do cambio do medio rural, os días 25, 26 e 27 de abril Vos Casares, unha antiga granxa de vacas entre carballos, recuperada para o encontro de ideas na aldea de San Cristovo de Mouricios, Chantada. Tres xornadas de traballo que buscan propostas para a transformación do rural nun medio máis próspero.
Un movemento que xorde dos verdadeiros axentes do cambio
Este proceso de escoita traballa sobre a base as conclusións de edicións anteriores para activar a transformación. Un proceso deseñado desde o propio rural que busca xerar alianzas, compartir coñecemento e promover cambios regulatorios e impulsar iniciativas que contribúan á prosperidade do rural.
Para garantir esta proximidade coa realidade do día a día do rural, foi constituído o Comité Organizador, un órgano consultivo fundamental para alcanzar este propósito de transformación que está composto por Marcos Pérez da Fundación Galicia Sustentable, Cristina Fernández-Armesto de Casa Grande de Xanceda, Xosé Lois Lamazares de Daveiga, Jesús Mazaira de Airas Moniz, David Sueiro de Galo Celta, Nuria Varela-Puertas de Pazo de Vilane e Miriam Pérez de Galería Vilaseco.
Contido de relevancia
Entre os temas clave que se abordarán destacan a soberanía alimentaria, como eixo para unha produción máis resiliente e autónoma; a comunicación e comunidade, esencial para construír un relato que dignifique o rural; a substitución xeracional, un dos maiores retos para a continuidade dun territorio vivo; e o paradoxo da nosa estrutura económica, que condiciona a viabilidade do sector primario. Ademais, analizarase o papel do sector primario no mapa xeoestratégico global, poñendo en perspectiva a súa relevancia na crise climática e alimentaria, e a crecente tematización do rural, unha tendencia que pode ser unha oportunidade ou unha ameaza para a autenticidade e sustentabilidade destes territorios. Con estes debates, o Foro busca xerar propostas concretas para fortalecer o futuro do rural desde un enfoque de prosperidade sustentable.
Un programa intenso con participantes con gran implicación e prestixio
Unha selección de expertos e grandes relatores participarán no Foro Rural Sustentable 2025 (FRS25) sen dúbida, unha das pezas crave do éxito. O programa será anunciado paulatinamente a medida que se achegue o evento pero sirva como referencia que contará cun condutor de luxo, como é Manuel Campo Vidal.
O venres 25 arrinca cun encontro deseñado para xerar reflexión e sentar as bases do cambio. Nel reúnense expertos, emprendedores e actores crave do rural que están a liderar iniciativas transformadoras. Será unha xornada de diagnóstico e propostas onde se analizará como se comunica o rural hoxe en día e que narrativa necesitamos construír para proxectar o seu verdadeiro potencial.
O sábado 26 de abril será o día máis intenso e enriquecedor do Foro Rural Sustentable 2025. Os asistentes, exclusivamente por invitación, mergullaranse nun día completo de conversacións, debates, mesas coloquio e grupos de traballo, cun obxectivo claro: pasar da reflexión á acción. Ao longo do día, abordaranse os grandes desafíos e oportunidades do rural desde diversas perspectivas. Un espazo de intercambio, inspiración e deseño de estratexias concretas para construír o futuro do rural no que os asistentes convidados terán o privilexio de escoitar as súas reflexións e aprender directamente da súa vasta experiencia e profundo entendemento da realidade actual como ferramenta para a prosperidade do medio rural.
Tras os intensos de debates, aprendizaxes e intercambios de ideas, a xornada do domingo 27 de abril marcará o peche do Foro Rural Sustentable 2025, pero non como un final, senón como o inicio da verdadeira transformación. Este último encontro está deseñado como un espazo estratéxico, para recompilar as conclusións crave e definir os próximos pasos que dean continuidade ao traballo realizado.
Compromiso para unha transformación efectiva
Máis aló das palabras son necesarios plans, compromisos e accións reais que impacten no rural desde o presente. Con este sentido, o Foro Rural Sustentable non é só un espazo de conversación, senón unha plataforma de acción para a xeración de propostas e a activación de iniciativas concretas que impacten positivamente no medio rural.
Co impulso de importantes empresas para o rural
Neste 2025, ABANCA incorpórase, xunto a Hijos de Rivera e GADIS como entidade impulsora do Foro Rural Sustentable, tres importantes empresas galegas comprometidas que desempeñan un papel fundamental na sustentabilidade e o desenvolvemento do medio rural. Desta maneira, ABANCA reforza o seu compromiso co sector agrogandeiro, forestal e vitivinícola de Galicia. Como entidade financeira líder na rexión, o seu apoio non só tradúcese en financiamento, senón na xeración de ferramentas e estratexias que facilitan a transición do rural cara a un modelo máis sostible e resiliente. ABANCA aposta por un crecemento económico aliñado coa sustentabilidade e o impacto social positivo, consolidándose como un socio crave para o futuro do rural.
As tres empresas comparten o propósito de conseguir un rural próspero e a súa implicación garante que os retos do rural sexan abordados desde múltiples perspectivas, incluíndo o apoio financeiro, a distribución de produtos locais e a dinamización da economía territorial.
El Foro Rural Sustentable
O Foro Rural Sustentable é un evento da Fundación Galicia Sustentable, impulsado por Corporación Hijos de Rivera, ABANCA e GADIS para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están a realizar unha contribución á sustentabilidade do rural.
Trátase dun evento de carácter anual que reúne a expertos, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural.