Finca Experimental
A Finca Experimental Galicia Sustentable nace co propósito de servir como centro de referencia para a transición do sector primario e o medio rural cara á sustentabilidade.
A Finca Experimental Galicia Sustentable é un espazo multifuncional de experimentación, investigación e desenvolvemento de accións cunha marcada compoñente tecnolósica que permitan a tracción de iniciativas que contribúen á dinamización dun medio rural que crea valor en base aos seus recursos endóxenos.
Proxecto de Agricultura Rexenerativa
Levamos catro anos traballando no Concello da Laracha e en colaboración coa Cátedra Hijos de Rivera-UdC de Desarrollo Sostenible para a rexeneración de solo en plantacións intensivas de eucalipto próximas a entidades de poboación. Lugares, nos que tradicionalmente se atopan os mellores solos.
Nunha explicación simplificada, o que fixemos é experimentar con sucesións de cultivos baixo a plantación de eucaliptos buscando a recuperación de macronutrintes fundamentais para a fertilidade do solo. Ao mesmo tempo, a esas sementeiras e plantacións achegóuselles un acolchado realizado con distintos tipos de biomasa de proximidade, incluíndo as propias podas de eucaliptos, que favorecen a incorporación de materia orgánica ao solo.
Fixéronse probas con distintas secuencias de cultivos e mesturas de materia orgánica, polo que obtivemos resultados de laboratorio diversos que, en termos xerais mostran que se conseguiu un incremento de macronutrintes, de carbono e materia orgánica nos solos.
Resultados
Fixéronse probas con distintas secuencias de cultivos e mesturas de materia orgánica, polo que obtivemos resultados de laboratorio diversos que, en termos xerais mostran que se conseguiu un incremento de macronutrientes, de carbono e materia orgánica nos chans.
Os datos confírman a capacidade de incorporación natural de nutrientes ao solo, e os feitos demostran a viabilidade de xerminación e crecemento de determinados cultivos baixo plantación de eucaliptos. Estes resultados abren a porta para continuar investigando combinacións para satisfacer distintos tipos de necesidades, xa sexa de cultivos ou para manter a vida e equilibrio do solo.
A nosa intención é recuperar el máximo suelo posible para la producción de alimentos poren, entretanto o conseguimos é posible unha xestión para o mantemento da vida e fertilidade dos solos das plantacións intensivas de eucalipto.
Solicita os informes
Podes solicitar unha copia dos informes por email en finca@galiciasustentable.org.
Localización
CONCELLO: A Laracha
COORDENADAS: 43°11’39.74”N 8°32’42.67”O
ALTITUDE: 429m
SUPERFICIE: 7Ha
CLASE DE SOLO: Rústico
USO PRINCIPAL: Agrario – Eucaliptal e pradeira