Participa

Participa do primeiro informe Rural Sustentable

Participa no deseño dun futuro sustentable para o rural. Fai as túas achegas para seren consideradas na elaboración do primeiro informe Rural Sustentable.

Nas respostas trata de ter a maior concreción posible e, na medida que poidas, identifica tamén quen son axentes clave para a súa implementación.

Grazas pola túa participación.

Un espazo para impulsar cambios regulatorios que favorezan un rural sustentable

Actividade: Foro Rural Sustentable

Lugar: Espazo Vilaseco – Chantada

Data: 21 de Xullo de 2023 

Impulsa: Corporación Hijos de Rivera

Desde o seu compromiso de impacto positivo Corporación Hijos de Rivera impulsa o Foro Rural Sustentable. Un evento de carácter anual que reúne a persoas expertas, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural. O Foro céntrase na procura de solucións sostibles en áreas como a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural.

Durante o foro, levan a cabo conferencias maxistrais, paneis de discusión, mesas de debates e/o presentacións de casos de estudo e iniciativas que están a transformar o rural nunha contorna sustentable.

As e os participantes teñen a oportunidade de aprender de expertos destacados, compartir as súas propias experiencias, establecer contactos e colaborar en grupos de traballo para desenvolver propostas concretas e recomendacións que promovan a sustentabilidade a nivel local e global.

O resultado último do Foro Rural Sustentable é xerar alianzas, compartir coñecemento e promover cambios regulatorios que contribúan á transformación do medio rural.

Implicación social
Toda documentación e información adaptada a distintos medios de comunicación e redes sociais será dispoñible de forma aberta coa intención de xerar conciencia pública sobre a importancia de promover cambios regulatorios para lograr un desenvolvemento rural sustentable.
Cambios regulatorios
E finalmente realizaranse presentacións e xornadas específicas para compartir estes resultados coas autoridades gobernamentais, lexisladores e outros axentes relevantes para promover cambios regulatorios.
Alianzas
Estableceranse alianzas estratéxicas con organizacións, grupos de interese e expertos en políticas públicas para fortalecer a voz colectiva e aumentar a influencia no proceso de cambio regulatorio.

Esta primeira edición do Foro servirá como análise da situación de partida. Para iso daremos voz a múltiples actores presentes no medio rural destacando o papel dunha serie de iniciativas que xa son unha realidade para que compartirán a súa visión desde o terreo sobre: modelos de xestión sostibles, tecnoloxía e comercialización.

 

Anímate a participar no deseño dun rural sustentable.

O Espazo Vilaseco

Unha antiga granxa de gandería transformouse converténdose nun espazo aberto á arte contemporánea no rural de Galicia. O espazo destaca pola súa singularidade arquitectónica, onde a luz natural e a carballeira, na que está ubicado, teñen un especial protagonismo. Para a parte técnica de construción contouse con diversos profesionais da zona, que traballaron en colaboración con Miriam Pérez, precursora do proxecto, e o artista Rodríguez-Méndez, ambos responsables do deseño.

Está situado dentro da finca OsCasares, un proxecto polivalente que promove o encontro, o coñecemento desde a cercanía, os aprendizaxes, e os intercambios culturais.

Programa

Implícate coa sustentabilidade.

Podes facer moito máis que sentarte e mirar

Temos un programa que se adapta ás túas posibilidades de contribuir á sustentabilidade.

Un encontro con diversos formatos de presentación e grupos de traballo favorecendo unha participación inclusiva, o intercambio de perspectivas diversas e un enfoque multidisciplinario na procura de resultados sólidos e accións concretas.

Hora Actividade Presenta Organización
0930h Benvida Café
1030h Foro Rural Sustentable Marcos Pérez Fundación Galicia Sustentable
1045h O Espazo Vilaseco Miriam Pérez Vilaseco
1100h Unha visión de partida José Manuel Andrade Fundación Juana de Vega
1115h Mesa – O que precisamos para que as empresas pequenas teñan futuro no rural? David Sueiro Galo Celta
Ana Airas Moniz
Ricardo Airas Moniz
1145h A visión desde Casa Grande de Xanceda Cristina Fernández-Armesto Casa Grande de Xanceda
1200h A visión desde Pazo de Vilane Nuria Varela-Portas Pazo de Vilane
1215h Preguntas Cristina Fernández-Armesto Casa Grande de Xanceda
Nuria Varela-Portas Pazo de Vilane
1230h Pausa Café
1300h Mesa – Proxectos coas persoas por diante Nestor Liñares Horta da Lousa
Xosé Lois Lamazares Daviega
1330h Tecnoloxías emerxentes e solucións dixitais para o rural Lucía Castro DATAlife
1345h A visión desde Arquixal Luis Carreira Arqueixal
1400h A visión desde a EAV Jaime Otero Estación Agroecologica de Vieiro
1415h Preguntas Luis Carreira Arqueixal
Jaime Otero Estación Agroecologica de Vieiro
1430h Xantar
1600h Estamos dispostos a pagar un sistema alimentario sustentable? José Luis Reza Cluster de ecommerce+
1615h A visión desde Cortes de Muar Germán García Cortes de Muar
1630h A visión desde A Cernada Ana Corredoira A Cernada
1645h Preguntas Germán García Cortes de Muar
Ana Corredoira A Cernada
1700h Os Grupos de traballo
1750h Información compilada dos grupos de traballo e pasos a dar Marcos Pérez Fundación Galicia Sustentable
1800h Peche e AfterForo

En imaxes

Algunhas imaxes da I edición do Foro Rural Sustentable