Gastronomía Circular

Partners: CIFP Carlos Oroza, Escola de Hostalaría de Gamarra

Causas: Inspirar o Cambio e Prosperidade Endóxena

Gastronomía circular é un proxecto de innovación e transferencia do coñecemento en Formación Profesional que desenvolvemos conxuntamente o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, a Fundación Galicia Sustentable e a Escola de Hostalería de Gamarra.

Este proxecto é a consecución de varias actividades realizadas en cursos anteriores nas que ambos os centros colaboraron. Inicialmente xurdiu unha relación espontánea tras a visita do BHI Gamarra ao CIFP Carlos Oroza para coñecer as súas prácticas e metodoloxía asociada á explotación do horto escolar como ferramenta de aprendizaxe e transmisión de valores ao alumnado. Tras esta visita a relación fixouse dunha forma máis sólida no presente curso escolar 2020-2021 a través do desenvolvemento dun proxecto intercentros denominado “Cultura gastronómica e produtos tradicionais de Euskadi e Galicia”.

A través deste proxecto que se desenvolveu durante todo o curso escolar con fondos propios ambos os centros realizamos unha colaboración encamiñada a que o alumnado e profesorado participante investigase e profundase no coñecemento da cultura tradicional, os produtos e as materia primas das dúas comunidades. Ademais establecemos relación directa e moi enriquecedora cos Consellos reguladores de DOP e IGP para a realización de actividades conxuntas de promoción e coñecemento dos seus produtos (accións divulgativas, catas comentadas, envío de produtos e material promocional) e todo iso ligado á creación dunha actividade realizada en cada centro educativo onde o primordial foi o intercambio cultural e gastronómico de tal forma que cada grupo de alumnas e alumnos puido experimentar co traballo de investigación realizado polas súas compañeiras/os de o outro centro educativo.

Obxectivos

  • Sensibilizar aos estudantes sobre a importancia da gastronomía circular e os principios da economía circular na produción e consumo de alimentos.
  • Promover a sustentabilidade ambiental, social e económica na industria alimentaria, fomentando a produción e consumo de alimentos locais, de tempada e reducindo o desperdicio alimentario.
  • Desenvolver habilidades e competencias culinarias no uso de ingredientes e técnicas pouco convencionais e no aproveitamento integral dos alimentos.
  • Fomentar a colaboración entre os estudantes, profesores, chefs e outros actores do sector alimentario, para impulsar a creación de redes de intercambio e colaboración na gastronomía circular.
  • Xerar coñecemento e conciencia sobre a importancia da gastronomía circular entre a comunidade educativa e a sociedade en xeral.
  • Contribuír ao desenvolvemento dunha cultura gastronómica máis sostible, innovadora e responsable, que sirva como modelo a seguir para outros sectores da industria alimentaria.
Visita a web do proxecto