Paisaxe agraria galega vista desde o aire: parcelas, soutos e carballeiras

Fundación Galicia Sustentable · Proxectos

Proxectos para unha Galicia sustentable

Estudos, plataformas de datos e experimentación no territorio, feitos con empresas, institucións e comunidades.

Entidades e empresas que traballan ou traballaron con nós

Ver todas as entidades →
  • ENCE Enerxía e Celulosa
  • ABANCA
  • Gadis
  • EDP
  • Lutega
  • Orballo
  • Glecex
  • Cátedra Hijos de Rivera-UDC
  • Universidade da Coruña
  • Xunta de Galicia
  • Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
  • Unión Europea · FEADER
Traballa con nós · para empresas e institucións

O que podemos facer contigo

Cada colaboración parte do teu reto. Estes son os modos de traballo nos que a Fundación ten experiencia demostrable, con proxectos reais que o proban.

01

Estudos e análises

Diagnósticos con datos verificables sobre territorio, economía rural e sustentabilidade: indicadores propios, cartografía e informes que unha administración ou unha empresa pode usar para decidir.

Xa o fixemosObservatorio do Medio Rural (313 concellos) e a Axenda Rural, repositorio de traballo para técnicos de AGADER.
02

Tendencias e prospectiva

Seguimento de políticas públicas, lectura de tendencias e escenarios para anticipar cambios no rural, na alimentación e no territorio, con fontes oficiais citadas e actualizadas.

Xa o fixemosAxenda Rural (marco, seguimento e prospectiva para AGADER) e Galicia Agora, con datos abertos en directo.
03

Implementación de proxectos

Dende o deseño ata a execución: formamos consorcios, xestionamos financiamento público e poñemos o proxecto en marcha no territorio.

Xa o fixemosHOP & BOT, Grupo Operativo AEI de cinco entidades cofinanciado por Feader, e o Camiño do Litoral.
04

Experimentación na Finca

Ensaiamos antes de recomendar. A finca de Montemaior (A Laracha) é un laboratorio real para solo, cultivos e biodiversidade, con rexistro sistemático de resultados.

Xa o fixemosPlan Social ENCE Pontevedra e o convenio marco coa Cátedra Hijos de Rivera-UDC (2020–2025).
05

Eventos e encontros

Foros, xornadas e ciclos que xuntan investigación, administración e iniciativas reais, con produción completa, contidos e comunicación.

Xa o fixemosForo Rural Sustentable (catro edicións, 2023–2026), TEDxGalicia (2010–2017) e o ciclo SendaTalks.
06

Divulgación e contido

Convertemos os resultados en material que a xente le e usa: guías técnicas, vídeos, cronoloxías fotográficas, charlas e relatos de datos.

Xa o fixemosDúas guías técnicas, vídeos e seis charlas en cinco comarcas para o Plan Social ENCE, e a revista Galicia Sustentable.
Plan social, RSC e patrocinio

Que o teu investimento social se converta en coñecemento aberto

Se a túa empresa ten un plan social ou quere patrocinar, deseñamos con ela un programa con obxectivos claros e resultados publicados en aberto. Así foi o Plan Social ENCE Pontevedra, e así se sostén o Foro Rural Sustentable con Hijos de Rivera, ABANCA e Gadis.

Falemos do teu plan contacto@fundaciongaliciasustentable.gal
Apoia o noso propósito

Tamén podes facer posible este traballo cunha doazón

Sen ter un reto que traer, podes apoiar a Fundación. As doazóns, puntuais ou recorrentes, financian directamente a actividade que fai que Galicia se coñeza mellor e se coide mellor.

  • Doazóns puntuais ou recorrentes.
  • Emitimos o certificado fiscal correspondente.
  • Fundación acollida á Lei 49/2002 e declarada de interese ambiental e galego.
Facer unha doazón
Traballa con nós

Cóntanos o teu reto

Escríbenos e vemos xuntos como a Fundación pode axudarche a resolvelo.