Un laboratorio vivo para un rural sustentable
Na Fundación Galicia Sustentable cremos que as transformacións reais nacen do coñecemento directo, da experimentación e do compromiso co territorio. Por iso, contamos cunha finca experimental que funciona como un verdadeiro laboratorio vivo, onde desenvolvemos e testamos proxectos orientados a construír unha sociedade máis xusta, resiliente e en harmonía coa natureza.
Situada no corazón do rural galego, a nosa finca é un espazo de aprendizaxe, investigación e acción práctica. Nela cultivamos saberes tradicionais e innovacións contemporáneas para dar resposta aos retos actuais dende unha perspectiva de postcrecemento e benestar sustentable.
Trátase, en definitiva, dun espazo para imaxinar, experimentar e construír alternativas reais. Un lugar onde a sustentabilidade non é só un concepto, senón unha práctica cotiá.
Se queres saber máis sobre os proxectos en marcha ou propoñer colaboracións, estaremos encantadas de escoitarte. Porque o rural galego ten futuro, e constrúese paso a paso, desde a terra.