Sobre o proxecto
Retrato dos concellos permite ver onde está un concello respecto de todos os demais. Cada punto do mapa é un dos 313 concellos: ao baixar polos indicadores, os puntos deixan o mapa e ordénanse segundo o valor, co concello escollido destacado.
A cor non xulga. Indica a distancia ao valor de Galicia (marrón por debaixo, azul por enriba), non se un dato é mellor ou peor. Pódense comparar ata tres concellos á vez e a ferramenta está en galego e en castelán.
Os datos veñen de Galicia Agora e cópianse cada vez que se actualizan. Cada grupo de indicadores amosa a súa fonte, licenza e atribución, e o código é aberto (AGPL-3.0).
Obxectivos
- Situar. Dicir, para cada indicador, en que punto da distribución galega está un concello.
- Comparar. Poñer un concello ao lado doutros dous para ver onde se parecen e onde non.
- Explicar. Indicar en cada indicador como se calcula, de onde sae o dato e con que licenza se pode reutilizar.
- Reutilizar. Publicar o código con licenza AGPL-3.0 e respectar a licenza orixinal de cada fonte.
Cifras do proxecto
- 313 concellos galegos, cada un como un punto do mapa
- 4 capas de datos: banda larga, indicadores municipais, perfil dos concellos e vivendas de uso turístico
- 3 concellos que se poden comparar á vez
Fontes
O proxecto non xera datos novos: reordena e compara os que xa existen noutros proxectos e fontes públicas.
- Galicia Agora Orixe dos datos que se copian ao Retrato. agora.galiciasustentable.org.
- Fontes orixinais Cada grupo de indicadores cita a fonte, o período, a licenza e a atribución dentro da propia ferramenta.