Estudos e análises
Diagnósticos con datos verificables sobre territorio, economía rural e sustentabilidade: indicadores propios, cartografía e informes que unha administración ou unha empresa pode usar para decidir.
Fundación Galicia Sustentable · dende 2008
Xeramos coñecemento, experimentamos no territorio e construímos alianzas con empresas e institucións para que ese cambio aconteza.
Entidades e empresas que traballan ou traballaron con nós






Somos unha organización privada sen ánimo de lucro, constituída en 2008 coa vontade firme de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.
Cremos que os grandes cambios só son posibles se se traballan dende o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común. O rural galego é territorio produtivo e espazo de innovación.
Ler o manifestoDatos e diagnósticos verificables sobre o territorio, a economía rural e a sustentabilidade.
Análise, indicadores e prospectiva para ler o que os números din e cara a onde van.
Proxectos no territorio, con financiamento, socios e execución propia.
Eventos, guías, vídeos e unha revista para que o aprendido sirva a máis xente.
Declarada de interese ambiental e galego en 2009 · Rexistro de Fundacións de Galicia · protectorado da Xunta de Galicia.
Cremos no potencial do que xa temos: o territorio, a xente e o saber facer.
Un rural con oportunidades reais, onde a calidade de vida sexa o motor do desenvolvemento.
Exemplos, ideas e historias que amosan que outro modelo é posible e xa está en marcha.
Accións que devolven diversidade e equilibrio aos ecosistemas, segundo a función que cumpre cada un.
Unha maneira de producir alimentos que respecta os ciclos naturais e fortalece a resiliencia do territorio.
Redes entre persoas, empresas e institucións que comparten un mesmo obxectivo.
Seis proxectos que resumen como traballamos. Cada un ten a súa ficha completa na listaxe de proxectos.
Todos os proxectos
Experimentación no territorio · 2020–2025
Catro anos de ensaios na Finca Experimental da Laracha: biodiversidade en eucaliptais activos e solo san en parcelas en transición. Dúas guías técnicas, unha cronoloxía fotográfica e seis charlas en cinco comarcas.
Ver o proxecto
Grupo Operativo AEI · 2024–2026
Bebidas vexetais de lúpulo galego e plantas aromáticas, con fermentación controlada. Cinco entidades, un só produto.
Ver o proxectoInvestigación territorial · dende 2024
Primeiro Índice de Vulnerabilidade Rural calculado para todo o país, aberto a cidadanía, administración e investigación.
Ver o proxecto Datos abertosPlataforma dixital · mapa público
Galicia como é agora mesmo: tempo, calidade do aire, lume, tren, límites e espazos protexidos nun só mapa.
Abrir o mapaEncontro anual · 2023–2026
A cuarta edición, en abril de 2026 no Castelo de Castro Caldelas, reuniu uns 140 asistentes. Con Hijos de Rivera, ABANCA e Gadis.
Ver o proxectoPatrimonio costeiro · dende 2016
Un trazado continuo pola costa galega, con plataforma dixital, mapa interactivo e participación comunitaria.
Ver o proxectoCada proxecto ten a súa ficha de traballo, con estado, causas e datos. O arquivo histórico da Fundación, dende 2008, vaise incorporando á listaxe.
Ver todos os proxectosCada colaboración parte do teu reto. Estes son os modos de traballo nos que a Fundación ten experiencia demostrable, con proxectos reais que o proban.
Diagnósticos con datos verificables sobre territorio, economía rural e sustentabilidade: indicadores propios, cartografía e informes que unha administración ou unha empresa pode usar para decidir.
Seguimento de políticas públicas, lectura de tendencias e escenarios para anticipar cambios no rural, na alimentación e no territorio, con fontes oficiais citadas e actualizadas.
Dende o deseño ata a execución: formamos consorcios, xestionamos financiamento público e poñemos o proxecto en marcha no territorio.
Ensaiamos antes de recomendar. A finca de Montemaior (A Laracha) é un laboratorio real para solo, cultivos e biodiversidade, con rexistro sistemático de resultados.
Foros, xornadas e ciclos que xuntan investigación, administración e iniciativas reais, con produción completa, contidos e comunicación.
Convertemos os resultados en material que a xente le e usa: guías técnicas, vídeos, cronoloxías fotográficas, charlas e relatos de datos.
Se a túa empresa ten un plan social ou quere patrocinar, deseñamos con ela un programa con obxectivos claros e resultados publicados en aberto. Así foi o Plan Social ENCE Pontevedra, e así se sostén o Foro Rural Sustentable con Hijos de Rivera, ABANCA e Gadis.
Sen ter un reto que traer, podes apoiar a Fundación. As doazóns, puntuais ou recorrentes, financian directamente a actividade que fai que Galicia se coñeza mellor e se coide mellor.
Escríbenos e vemos xuntos como a Fundación pode axudarche a resolvelo.