Sobre o proxecto
Divulga reúne visualizacións de datos para entender Galicia coas cifras á vista. Cada peza parte de fontes abertas, resume nunha entradilla o que amosa e sitúa a Galicia, moitas veces, no mapa europeo: PIB por habitante, fecundidade, envellecemento ou residuos.
Hai 61 visualizacións organizadas en seis áreas: economía e vivenda; enerxía e sustentabilidade; patrimonio e cultura; poboación e sociedade; rural e alimentación; e territorio e clima.
O contido publícase con licenza CC BY-NC-SA 4.0.
Obxectivos
- Explicar. Converter datos públicos dispersos en pezas que se entendan á primeira.
- Situar. Comparar Galicia con outras rexións e países para ler as cifras con perspectiva.
- Citar as fontes. Indicar en cada visualización a táboa e o período exacto dos datos.
- Compartir. Publicar con licenza libre para que outras persoas e medios as poidan reutilizar.
Cifras do proxecto
- 61 visualizacións publicadas, todas con fontes abertas
- 6 áreas temáticas, da economía ao territorio e o clima
- CC BY-NC-SA licenza 4.0 do contido, para compartir citando a fonte
Algunhas visualizacións
Tres exemplos do que se pode ver en Divulga:
- Galicia na escaleira europea En 2000 Galicia era a rexión 157 de 224 da UE en PIB por habitante en poder de compra; en 2024 é a 122, co 84 % da media europea, o seu mellor posto da serie.
- Menos abandono, máis títulos En 2025 só o 10,4 % dos mozos galegos deixara os estudos sen pasar da ESO, fronte ao 23,6 % de 2008, e o 53,3 % dos de 25 a 34 anos ten estudos superiores, nove puntos máis ca media da UE.
- Os berces de Europa En 2024 Galicia tivo 0,96 fillos por muller, a cuarta cifra máis baixa das 244 rexións da Unión Europea (posto 241 de 244). A media da UE foi de 1,34.
Materiais e enlaces
Foto da cabeceira: Arm.arte, CC BY-SA 3.0.