O noso propósito

Transformar Galicia nunha sociedade sustentable. 

| A Fundación | O noso papel en Galicia | Liñas de actuación | Proxectos | FAQ | Como colaborar |

NO QUE ANDAMOS

Algunhas das cousas nas que ocupamos o tempo para tratarmos de facer unha Galicia Sustentable.

Levamos as voces do rural ao Senado

ARTIGO. Participamos na presentación do V Estudo sobre a Percepción dos Avances na España Rural no Senado onde achegamos a nosa visión desde Galicia e promovendo un rural con futuro.

Rural Sustentable

PROXECTO. Rural Sustentable é un movemento que reúne a entidades e empresas coas persoas axentes do cambio que traballan nun propósito compartido: a prosperidade do rural.

Finca Experimental

PROXECTO. Un laboratorio vivo onde poñemos en práctica modelos produtivos e educativos baseados na biodiversidade, a resiliencia e o coñecemento do territorio.

Finca Experimental

PROXECTO. Un laboratorio vivo onde poñemos en práctica modelos produtivos e educativos baseados na biodiversidade, a resiliencia e o coñecemento do territorio.

LOGO-RS-FLECHA

Rural Sustentable é unha vibrante iniciativa a través da que impulsamos un activismo transformador e cheo de enerxía. Trátase dun movemento dinámico que reúne a entidades, empresas e profesionais de referencia vencellados ao rural.
Todas elas unidas por un propósito claro e poderoso:

A PROSPERIDADE DO RURAL.

A NOSA METODOLOXÍA

Na Fundación Galicia Sustentable desenvolvemos o noso traballo a partir dunha metodoloxía propia baseada na implicación progresiva das persoas e comunidades. Cremos que só é posible avanzar cara a unha sociedade sustentable se as persoas participan activamente no proceso de cambio. Por iso, todas as nosas accións seguen unha estrutura sinxela pero profunda, artellada en catro fases: coñecer, comprender, actuar e compartir.

COÑECER

Todo comeza co acceso á información. Promovemos a curiosidade, a sensibilidade ambiental e a conexión co territorio a través da divulgación rigurosa e atractiva. Queremos que as persoas descubran o valor do seu entorno e se sintan parte del.

COMPRENDER

Unha vez espertado o interese, é fundamental entender os procesos socioecolóxicos que nos afectan. A formación é clave para desenvolver pensamento crítico e criterios sólidos que permitan tomar decisións informadas e responsables.

ACTUAR

Coñecemento e comprensión só teñen sentido se nos levan á acción. Facilitamos ferramentas, espazos e programas que permitan ás persoas poñer en práctica solucións sustentables, adaptadas ás súas realidades e co potencial de transformar o colectivo.

COMPARTIR

A última fase pecha o ciclo e dálle continuidade: compartir aprendizaxes, experiencias e resultados multiplica o impacto. Impulsamos redes, relatos e comunidades activas que inspiren a outros e reforcen o cambio.

FINCA EXPERIMENTAL

Situada no corazón do rural galego, a nosa finca é un espazo de aprendizaxe, investigación e acción práctica. Nela cultivamos saberes tradicionais e innovacións contemporáneas para dar resposta aos retos actuais dende unha perspectiva de postcrecemento e benestar sustentable.

O MÁIS RECENTE

Subscríbete para recibir información para facermos unha Galicia Sustentable

Levamos ao Senado as voces que están a construír un rural máis próspero

A Fundación Galicia Sustentable participa na presentación no Senado do V Estudo sobre a Percepción dos Avances na España Rural como exemplo de organización que traballa pola prosperidade do rural. Todo un recoñecemento a unha traxectoria de máis de quince anos dedicada a identificar, apoiar e dar a coñecer iniciativas que están a transformar o

A FUNDACIÓN

Somos unha organización privada, sen ánimo de lucro, de natureza fundacional constituida no 2008 co propósito de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.

Liñas de traballo

Agricultura rexenerativa. Investigamos e promocionamos prácticas agrícolas sustentables que melloren a saúde do solo.

Inspiración para o cambio. Activamos un liderado que interioriza a relación entre as nosas decisións e as consecuencias no entorno.

Prosperidade endóxena. Fomentamos que as comunidades prosperen poñendo en valor o seu patrimonio natural e cultural.

Restauración de ecosistemas. Preservamos e recuperamos a saúde dos ecosistemas desde unha perspectiva funcional.

Tecnoloxía para a sustentabilidade. Poñemos a tecnoloxía ao servizo das persoas a través de utilidades que xorden de necesidades reais.

RURAL SUSTENTABLE

ESCOLA GS

FINCA EXPERIMENTAL

RESIDENTES

THINK TANK

FINCA EXPERIMENTAL