Charlas divulgativas polo territorio
Un ciclo de 6 charlas en cinco comarcas galegas, con foco especial en Pontevedra, para trasladar os resultados do proxecto a propietarios, técnicos e comunidades de montes.
Levar os resultados ao territorio
Cada charla presenta os aprendizados recollidos nas dúas guías técnicas do proxecto —biodiversidade funcional e xestión do solo tras o eucalipto— e abre un espazo de diálogo cos propietarios, técnicos e comunidades de montes de cada zona sobre a súa aplicación práctica.
Están dirixidas a propietarios e propietarias forestais, comunidades de montes veciñais en man común, técnicos do medio rural e grupos de investigación interesados en ordenar mellor as súas plantacións e sumarlles biodiversidade.
6 sesións en 5 comarcas
pendente
Caldas de Reis
Data por confirmar
pendente
Santiago de Compostela
Data por confirmar
pendente
Pontevedra 2 sesións
Comarca prioritaria de transferencia · Datas por confirmar
pendente
Marín
Data por confirmar
pendente
Chantada
Data por confirmar
Para inscribirte nunha sesión ou solicitar información, escribe a facemos@galiciasustentable.org.
Plan Social ENCE Pontevedra