O noso propósito

Transformar Galicia nunha sociedade sustentable. 

A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, constituída no ano 2008 coa vontade firme de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.

Nacemos coa convicción de que os grandes cambios só son posibles se se traballan desde o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común. Ao longo destes anos, analizamos con rigor as capacidades da nosa organización para facer fronte aos desafíos sociais, ambientais e económicos que definen o noso tempo.

O noso propósito guía todas as nosas liñas de traballo e inspirou unha metodoloxía baseada na implicación progresiva das persoas: coñecer, comprender, actuar e compartir. A partir dela impulsamos proxectos que xeran coñecemento, experimentan solucións e fortalecen a acción colectiva, sempre desde unha perspectiva de equidade, resiliencia e respecto polos límites ecolóxicos.

A Fundación Galicia Sustentable é, en esencia, un espazo para imaxinar e construír o futuro que queremos para Galicia.

O MÁIS RECENTE

Subscríbete para recibir información para facermos unha Galicia Sustentable

Por que facemos o Foro Rural Sustentable

O Foro Rural Sustentable celébrase en Galicia porque Galicia é rural. Non como metáfora, senón como realidade estrutural: máis do 80% do territorio é rural, a dispersión da poboación é unha das máis altas de Europa, e a conexión entre xente, terra e identidade segue viva, malia décadas de desagrarreo e abandono institucional. Pero non

Participa da transformación

PROGRAMA RESIDENTES

Trátase dun programa que inviste en persoas con proxectos que acheguen coñecemento de base, ideas transformadoras ou unha maneira diferente de mostrar a relevancia da sustentabilidade.

Todos os proxectos de residencia deben ser imaxinativos, innovadores, transformadores e no marco do propósito da Fundación Galicia Sustentable. Deben buscar resultados replicables como modelo de transformación e non responder as necesidades concretas dunha iniciativa concreta ou lugar específicos.

Saber máis

VOLUNTARIADO

Un xeito de contribuír, aprender e formar parte do cambio. Unha oportunidade de implicarse activamente na construción dun futuro máis sustentable para o noso territorio. Non é un traballo remunerado, nin unhas prácticas académicas, senón unha forma de participar con compromiso, gañas de aprender e espírito de colaboración.

Ser voluntario ou voluntaria connosco significa sumarte a proxectos reais, con impacto directo no territorio. Ás veces tocará saír ao campo, poñerse as botas e traballar man a man co equipo técnico. Outras veces, colaborar en actividades de divulgación, apoio loxístico ou recollida de datos. En todos os casos, requírese responsabilidade, respecto polo contorno e vontade de aprender facendo.

Saber máis

Microdoazóns

Cada día demostramos que outro modelo é posible. Que se poden coidar os nosos montes, revitalizar o rural, producir con respecto polo medio e construír unha sociedade máis xusta desde o territorio. Pero para seguir facéndoo, necesitamos tamén do apoio da xente que cre neste cambio.

As microdoazóns son pequenas achegas económicas que marcan unha gran diferenza.

Con só uns poucos euros, axúdasnos a:

  • Continuar coa nosa labor na Fincas Experimental e en proxectos de recuperación ecolóxica.
  • Apoiar iniciativas sostibles que están transformando o rural galego.
  • Desenvolver materiais educativos e accións de sensibilización.
  • Dar voz a quen traballa día a día por unha Galicia máis sustentable.

Saber máis

LOGO-RS-FLECHA

Rural Sustentable é unha vibrante iniciativa a través da que impulsamos un activismo transformador e cheo de enerxía. Trátase dun movemento dinámico que reúne a entidades, empresas e profesionais de referencia vencellados ao rural.
Todas elas unidas por un propósito claro e poderoso:

A PROSPERIDADE DO RURAL.

A Fundación

Unha breve presentación do que somos e o que queremos.

A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro, constituída no ano 2008 coa vontade firme de transformar Galicia nunha sociedade sustentable.

Nacemos coa convicción de que os grandes cambios só son posibles se se traballan desde o coñecemento, a acción colectiva e o compromiso co ben común. Ao longo destes anos, analizamos con rigor as capacidades da nosa organización para facer fronte aos desafíos sociais, ambientais e económicos que definen o noso tempo. Este exercicio de reflexión permitiunos aliñar os nosos obxectivos cun propósito claro, que transcende a acción da propia Fundación:

Transformar Galicia nunha sociedade sustentable.

Este propósito guía todas as nosas liñas de traballo e inspirou unha metodoloxía baseada na implicación progresiva das persoas: coñecer, comprender, actuar e compartir. A partir dela impulsamos proxectos que xeran coñecemento, experimentan solucións e fortalecen a acción colectiva, sempre desde unha perspectiva de equidade, resiliencia e respecto polos límites ecolóxicos.

FINCA EXPERIMENTAL

Situada no corazón do rural galego, a nosa finca é un espazo de aprendizaxe, investigación e acción práctica. Nela cultivamos saberes tradicionais e innovacións contemporáneas para dar resposta aos retos actuais dende unha perspectiva de postcrecemento e benestar sustentable.

O noso papel na sociedade

Este é o rol que asumimos: operar nos ocos, cubrir os baleiros, sementar futuro.

A miúdo falamos de dous grandes sectores: o público e o privado. O sector privado —as empresas— destaca na creación de produtos e servizos. O sector público —os gobernos— ten a capacidade de garantir que as solucións cheguen a todas as persoas que as precisan.

En moitos casos, entre ambos sectores, cúbrense as necesidades da sociedade. Pero tamén hai ocos. Espazos onde, por diferentes razóns, as respostas non chegan a quen máis as precisa. Onde nin o mercado nin as políticas públicas dan unha resposta adecuada.

Un exemplo claro témolo no rural galego. Existen ideas, recursos e talento, pero moitas veces faltan apoios, conexións e ferramentas para transformar todo ese potencial nunha realidade sostible. As políticas públicas chegan tarde ou con rigidez. O mercado, pola súa banda, busca rendibilidade inmediata e deixa fóra todo o que non encaixa nesas lóxicas.

Aquí é onde entra a Fundación Galicia Sustentable. Como fundación, o noso papel é estar neses espazos intermedios. Acompañar, conectar e activar solucións alí onde nin o mercado nin as administracións están a actuar con eficacia.

O noso traballo consiste en visibilizar alternativas, impulsar modelos que poñan a vida no centro e demostrar que é posible outro xeito de vivir, traballar e coidar o territorio. Traemos á mesa novas voces, tecemos alianzas e facemos de ponte entre o que existe e o que aínda está por construír.

Este é o rol que asumimos: operar nos ocos, cubrir os baleiros, sementar futuro.

logo-MdlC

O Mercado de la Cosecha é un proxecto de impacto positivo de Corporación Hijos de Rivera a través do que divulgamos iniciativas que contribúen a transformar o rural nun medio máis próspero, sustentable e saludable.

HDR_Logotipos_RBG-09-just

A nosa maneira de traballar

Traballar cara a sustentabilidade supón un proceso de implicación en valores compartidos.

Na Fundación Galicia Sustentable desenvolvemos o noso traballo a partir dunha metodoloxía baseada na implicación progresiva das persoas e comunidades coa sustentabilidade a través da posta en valor dos recursos propios.

Cremos que só é posible avanzar cara a unha sociedade sustentable se as persoas participan activamente no proceso de cambio. Por iso, todas as nosas accións seguen unha estrutura sinxela pero profunda, artellada en catro fases: coñecer, comprender, actuar e compartir.

COÑECER

Todo comeza co acceso á información. Promovemos a curiosidade, a sensibilidade ambiental e a conexión co territorio a través da divulgación rigurosa e atractiva. Queremos que as persoas descubran o valor do seu entorno e se sintan parte del.

COMPRENDER

Unha vez espertado o interese, é fundamental entender os procesos socioecolóxicos que nos afectan. A formación é clave para desenvolver pensamento crítico e criterios sólidos que permitan tomar decisións informadas e responsables.

ACTUAR

Coñecemento e comprensión só teñen sentido se nos levan á acción. Facilitamos ferramentas, espazos e programas que permitan ás persoas poñer en práctica solucións sustentables, adaptadas ás súas realidades e co potencial de transformar o colectivo.

COMPARTIR

A última fase pecha o ciclo e dálle continuidade: compartir aprendizaxes, experiencias e resultados multiplica o impacto. Impulsamos redes, relatos e comunidades activas que inspiren a outros e reforcen o cambio.

TEDx_Galicia_logo_negro_RGB_3650-no-bg

Durante 10 anos orgnizamos as charlas do TEDxGalicia onde non tratamos de dar respostas, buscamos confrontar as nosas propias opinións, queremos o outro punto de vista. Fora de toda proposta dogmática, a nosa ilusión é que saiamos destes momentos que pasamos xuntos con máis dúbidas das que chegamos.